sábado, 8 de novembro de 2014

Asemblea Aberta para a Autoorganización do Estudantado #14NSantaIrene

O pasado venres 24 de Outubro, dende o CEL chamamos a celebración dunha Charla-Asemblea coa seguinte orde do día:

-Valoración das xornadas da folga
-Decidir como organizar o movemento estudantil de forma asemblearia, horizontal e aberta sen sindicatos.
-Acordar novas datas para mobilizacións.

Entre as asistentes, tras debatilo, acordamos que a mellor maneira para organizar un movemento estudantil a nivel local era a creación dunha "asemblea aberta" e fomentar a autoorganización do estudantado mediante esta asemblea. 

Así mesmo, as compañeiras que estamos en organizacións estudantis acordamos trasladar esta iniciativa as propias organizacións así como ao resto de colectivos locais, coa finalidade de que participe neste proxecto o estudantado que xa esta activo.

Dicir que unha "asemblea aberta" é un espazo/forma de traballar na cal cada quen vai na súa propia representación individual, non como representación dun colectivo. Nela se expoñen as propias ideas e se decide actuar como estudantado, non como organización. Desta forma é o propio estudantado o que se organiza, decide e actua, e non unha vangarda ou organización a que fai de pastor do resto do estudantado.

Na mesma acordouse que se celebraría a primeira asemblea na primeira quincena do mes de Novembro. 

Seguindo o acordado, convocamos unha Asemblea Aberta para este vindeiro venres 14 de Novembro, tendo como lugar de encontro a porta do I.E.S. Santa Irene ás 16:30H.

Unión do movemento estudantil, sen vangardas, sen oportunistas! 
Unidas, organizadas, combativas!