domingo, 26 de outubro de 2014

Valoración da Terceira Xornada de Folga (23 Outubro)

Neste día, desarroiouse unha Contra-Manifestación (na que tamén nos solidarizamos coas compañeiras de ARDE fortemente reprimidas na concentración feita en Redondela na mesma mañá) ao SdE (Sindicato de Farsantes), as 19:00H na Farola en Vigo, amparadxs por un dos tantos Sindicatos que están participando no xogo do Estado, CCOO (Comisións Obreiras, que de Obreira ten só o nome). Tamén hai que destacar, como non, cando falamos de sindicatos que participan no xogo do Estado, aos "privilexios" cos que contan sempre que hai presenza da policía, xa que se destapou completamente o colaboracionismo de amba-las partes pra botar abaixo calquera movemento que poida facer abanear a este Estado. 

Hai que destacar o panorama co que se atopou en dito transcurso de xornada de folga estudantil, e no que se pode dicir que este día representa o verdadeiro "poder" de movilización do SdE (debido a que na manifestación convocada por este sindicato contaba coa presencia de nom máis de 4 persoas pola súa parte, máis a xente de CCOO). En contraposición a este "asoballante poder" de movilización do estudantado, atopábamonos nosoutras facendo o acto de presenza da man da crítica, con faixas que deixaban claro porque estamos na procura da construcción dunha asemblea aberta, horizontal e na que participe todo o estudantado de Vigo, sen vargadas nin copando o movemento: "SINDICATO DE ESTUDANTES. SINDICATO DE FARSANTES", "TOMAR E FACER NO CANTO DE PEDIR E AGARDAR", "ORGANIZAR, LUITAR, CREAR", "`POR UNHA EDUCACIÓN LIBERTARIA!"
No desarroio da manifestación xa nos percatamos da dinámica dela, destacando un dispositivo policial, coma sempre desmedido, para a xente que alí fixo acto de presenza. Comezou coa extensión por parte de CCOO e mailo SdE dunha faixa na que podiamos ler "CONTRA OS RECORTES EN EDUCACIÓN. EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO", a cal non deixa de ser unha "paradoxa", xa que caibe destacar que son dous sindicatos que reciben subvencións do Estado que todas pagamos, e polo tanto "como podes enfrontar ao Estado se vives del?", tamén se pode observar que despois de varios incidentes nunha manifestación recente na cal a policía da man do SdE reprimiu violentamente ao estudantado, polo que a resposta do SdE de vender ao estudantado, que estaba organizándose de seu pola defensa dun ensino público denota que esa faixa é un despropósito total e parece que roza a mofa do estudantado.

No curso desta "manifestación" que parecía un "duelo" sen pronunciarse por parte de SdE e CCOO, enfrontándose a nosoutras. Deplegan a súa faixa e nosoutras contestamos coas nosas, observando varias sorrisas dos outros sindicatos e comentarios un tanto "burlescos". Durante este acto hai que destacar un suceso que xa roza o ataque e as ganas de provocar, un membro de CCOO falando, rindo e comentando cuns policias, coma se de amigxs se tratasen, e dicindo frases coma "nosotros somos los de la manifestación si veis que estos hacen algo, ya sabeis lo que hacer", "esta gente solo viene a provocar", "si teneis que actuar no lo dudeis"... A nosa actitudee xunto coa de CNT e as de compañeiras estudantes que nos acompañaron foi a de representar e facer ver que o estudantado estase a organizar e que non precisa de sindicatos de vendidxs nin de farsantes.

Unha vez rematada esta "manifestación", que de mani tivo pouco (parece que foron a sacar a fotiño e a gravar os seus videos, mais que para loitar polos nosos dereitos). Decidimos facer un acto de presenza, nouta manifestación desarroiada as 20H no Marco de Vigo, a cal non apoiabamos nin participamos, soamente queriamos facer ver que o estudantado que se organiza e que xa está farto dxs vendidxs e farsantes de turno. Ante numerosos reproches e ganas de provocar por parte dxs organizadores, estivemos presentes ate a súa finalización. 

Nos vindeiros días os medios de DES-Información venderon a "noticia" de que nosoutras xunto a CNT e compañeiras que fixeron acto de presenza, apoiaramos ao SdE e CCOO, sendo esto rotundamente falso, xa que en todas as chamadas ao acto foron baixo a denominación de "CONTRA MANIFESTACIÓN", xente que nin sabe interpretar o que lé e que ademais é quen de facer xuizos sen teren probas, é a que defende un ensino público... Tamén venderon a idea de que apoiamos outra convocatoria de UXT CIG e CCOO, sendo tamén falsa. A conclusión que sacamos destas "denominacións" é o medo que están a ter vendo a un estudantado organizado e combativo que xa está farto destes "xogos" e que ten a forza e as ganas de loitar polo que é de seu! 

Condenamos calquera tipo de xuizo sen probas que se verteu sobre nosoutras e sobre o estudantado organizado, na que nos meteron no mesmo saco que aqueles sindicatos de farsantes e vende estudantes. Chamamos a que modifiquen todo o vertido en contra nosa e o estudantado, modificando todas as falacias ditas e as mentiras vomitadas. Tamén denunciamos as publicacións de fotografías e vídeos de todo-las nosoutras nas que se observa claramente as nosas caras e polas que non estamos dispostas amosar, xa que parecía unha colaboración coa policía para identificarnos, ter un chisco de vergonha e respeto hacia os demais.

ORGANIZAR!
CONSTRUIR!
MOVEMENTO ESTUDANTIL!






mércores, 22 de outubro de 2014

Valoración da Segunda Xornada de Folga (22 Outubro)

Hoxe, ás 12:00H, acudimos á asemblea/concentración que onte o estudantado decidira facer na praza dos cabalo.

Nela se decidiu agardar ao SdE na mesma praza coa intención de mostrar o noso rexeitamento ao mesmo e rematar a manifestación como un movemento estudantil autoorganizado que rexeita as vangardas na loita pola defensa dos nosos(do estudantado) intereses.

Antes de que chegara o SdE, as forzas de seguridade do Estado cerráronnos nunha "bolsa" para impedir que o estudantado que se autoorganizara tomara parte en dita mobilización. Así memo, o oportunismo dunha organización motivou pequenas confrontacións coas forzas do Estado.

Finalmente puidemos entrar na manifestación, e dende a mesma mostramos a nosa postura respecto do Sindicato Vende Estudantes.

O acontecido hoxe volve demostrar o colaboracionismo que hai entre o SdE e o Estado, servindo o primeiro como bozal para o estudantado en prol do segundo.

Dado que mañá hai unha manifestación/concentración no marco pola tarde por parte do SdE e CCOO, animamos a todo o estudantado, así como a toda persoa que o desexe a acudir ás 19:00H ao marco para demostrar que a partir de hoxe, será o propio estudantado, de forma asemblearia, horizontal e dende abaixo o que artelle a resposta contra a LOMCE, EU2015 así como calquera outra cuestión que se considere un ataque contrá o pobo.


Foto de Ernesto Ilkermn

Foto de Ernesto Ilkermn



martes, 21 de outubro de 2014

Valoración da Primeira Xornada de Folga (21 Outubro)

Hoxe, dende o CEL Vigo acudimos á xornada de mobilización convocada polo "MOVEMENTO ESTUDANTIL INDEPENDENTE" ás 12:00H na farola.

Alí, tras berrar algunhas consignas e incitar a que o estudantado se autoorganizara, logo decidimos entre todas as asistentes á concentración, a acudir polas rúas ate a Xunta; coa intención de amosar o rexeitamento do estudantado á LOMCE, pero no camiño as forzas opresoras interrumpéronos o paso. Tras isto, fíxose unha asemblea aberta e se decidiu disolver a mobilización de cara a voltar a organizarnos pra tentar despistar as forzas opresoras e así achegarnos ao punto decidido anteriormente, a Xunta.

A falta de coordinación motivou que varias estudantes foran identificadas e que finalmente, o estudantado, decidira quedar mañá ás 12:00H na Praza dos Cabalos de Vigo para facer unha asemblea e concentración estudantil (hai que matizar que CEL non convoca nada, senón que é o propio estudantado o que a convocou)

Tamén dicir que a iso das 14:15H, varias compañeiras do CEL Vigo foron identificadas, increpadas e sufriron abuso físico por parte das forzas de seguridade do Estado, e que unha delas foi trasladada ás dependencias policiais.

Todo isto aconteceu cando se ía pola rúa de cara almozar e duas leiteiras pecharonos o paso. 

A compañeira tras permanecer incomunicada ao longo dunha hora e media, foi obrigada a firmar unha autoría duns feitos que non son certos aos comentarios de: "Venga firma ya, joder, y nos vamos de una puta vez", "Podrías estar en casa viendo The Simpson" .

Dende o CEL Vigo chamamos a secundar a convocatoria de maña ás 12:00H,  na Praza dos Cabalos, para facer unha asemblea aberta e fomentar a autoorganización do estudantado, dende as bases e de forma horizontal. Sendo unha resposta a convocatoria do SdE (Sindicato de Farsantes) e amosando que ó estudantado é capaz de organizarse, tomar decisións, sen vangardas que tentan copar o movemento estudantil e facelo de seu!.

O ESTUDANTADO É O QUE DECIDE!
NÓS SOMOS A REVOLUCIÓN E NON OS DAS SUBVENCIÓNS!
POLA AUTOXESTIÓN DA EDUCACIÓN!



luns, 20 de outubro de 2014

Valoración da Charla no I.E.S. Politécnico de Vigo

No día de hoxe tivemos a oportunidade de dar unha charla de cara a folga (dos días 21, 22 e 23) no IES Politécnico. Nesta charla comentamos os puntos máis destacables da LOMCE e explicamos a nosa postura ante o actual panorama do estudantado.

Queremos agradecer a asistencia a esta a nosa primeira charla, e convidar a todas as persoas a participar connosco na loita.

Texto da charla:

Boas tardes, Saúde.

O sector educativo está a sufrir os efectos das políticas neoliberais, as cales pretenden privatizar e mercantilizar a educación. Isto débese á vontade das clases privilexiadas de obter máis beneficios así como de perfeccionar a labor de adoutrinamento ideolóxico para manter a súa orde social.

A LOMCE é un claro exemplo destas prácticas, xa que, entre outras medidas, pretende:

• Privatizar: ao permitir que a educación privada e concertada pasen e poder a atender a demanda social.
• Dogmatizar: xa que beneficia ás persoas propietarias dos centros educativos privados, a maioría deles en mans da Igrexa.
• Centralizar: ao aumentar a porcentaxe dos contidos comúns que deben impartirse en todo o Estado así como ao relegar ao galego a un segundo plano e financiar a centros privados que promovan a ensinanza en castelán.
• Verticalizar: ao aumentar a autoridade da figura do director a vez que este pasa a ser elixido pola administración.
• Mercantilizar: ao introducir coma obxectivos da educación o “desenvolvemento do espírito emprendedor” poñendo ao empresariado e ao capital como modelo e obxectivo a seguir.
• Segregar por sexos: ao permitir que os centros nos que se divide ao alumnado por sexos poidan ser concertados.

Non é que ata o de agora o sistema educativo que tiveramos fóra perfecto ni moito menos. Este, dende que somos cativos, agrúpanos por idades, como se este fora o factor máis importante, e nos meten nas escolas durante todo o día. Nelas o corpo docente ten un prazo de tempo no cal, a súa misión é introducir uns determinados conceptos nas nosas mentes.

Pasado ese tempo elabóranse unhas probas denominadas exames, nas cales mediante un sistema de calificación estipulan se tes esos coñecementos e en que grao os adquiriches. Se non pasas esas probas mándanche repetir curso para tentar de novo que adquiras esos coñecementos. Polo contrario, se se conseguiu o seu obxetivo mándanche a un novo curso e así sucesivamente. Desta forma vaise otorgando ao alumnado os  coñecementos considerados básicos polo goberno de turno.

Dende o CEL opómonos a este modelo educativo e consideramos que a educación ten que ser antidogmática, antiautoritaria, integral e autoxestionada, é dicir, libertaria. Pero para acadar este obxetivo o primeiro paso é oporse ás leis que tentan empeorar a situación actual.
Para este martes, mércores e xoves hai convocados 3 días de folga para o estudantado en todo o estado español por parte do SdE. Pois ben, aquel que pensé que a base de folgas estudantis de 3 días, convocadas dende Madrid cando a unhas determinadas persoas lles apetece, imos conseguir algo, esta moi alonxado da realidade.

Unha folga non é un acontecemento festivo, é unha resposta á unha agresión. Faltar a clase é unha forma de defenderse contra os ataques do Estado ao (descredictar; non sei se esta é a verba axeitada) a súa autoridade. Pero dado que o Estado e o Capital precínsanse mutuamente para manter a súas existencias, só atacar a un deles condenaría a nosa loita ao fracaso.

Se queremos ter éxito e facer de verdade unha folga non se pode sair a dar un paseo un día, ou varios, pola rúa e despois pasar o resto deses días xogando a consola ou calquera outra carallada. Hai que interferir na actividade productiva, hai que estar na rúa demostrando que para nós isto non é un xogo.

Entendida a folga deste xeito, esta non se pode impor, nin dende Madrid, nin dende Compostela, nin calquera outro sitio. Está precisa nacer dos centros de ensino, das asembleas de cada escola, instituto e facultade. Ten que ser o propio estudantado, dende as bases, o que chame á folga. Entón, esta, non será dun día ou 2 ou 3, senón que será indefinida e polo tanto, útil.

Así pois, animamos a todo o estudantado a sair á rúa esta semana non para apoiar a convocatoria do SdE, senón para demostrar que a partir de agora seremos nós, o estudantado, o que se vai a autorganizar e tomar ás rúas contra o que nos impoñen dende esas institucións autoritarias chamadas parlamentos.

Por unha educación xestionada por docentes e estudantes,
Pola autoxestión!



domingo, 19 de outubro de 2014

Charla sobre a LOMCE, o Sistema Educativo e a Proposta de Acción do CEL

Este vindeiro luns 20 de Outubro, faremos unha charla no salón de actos do I.E.S. Politécnico de Vigo ás 19:20H. Na mesma falaremos sobre a LOMCE, o sistema educativo e sobre a nosa proposta de acción. Non faltedes!

Chamada á Folga Estudantil para os días 21,22 e 23 de Outubro

A vindeira semana contamos cunha xornada de folga convocada polo SdE, organización oportunista que tenta salvar a súa imaxe publica ofrecendo unha resposta, de novo, ineficaz.

Oportunistas porque dende o seu posto privilexiado colaboran co Estado e logo chéganos co conto da defensa dos dereitos do estudantado, cando en realidade son eles os que impiden a organización do mesmo. Cunha folga de tres dias, convocada dende Madrid, por "catro iluminados", non se pode pretender derogar a LOMCE nin parar a EU 2015.

Unha greve e unha ferramenta de denuncia e loita, non e unha xornada festiva na cal o pastor (SdE) saque a pasear o rabaño. Ademais dun percorrido para a difusión das nosas demandas e preciso ter presenza continua nas rúas para defenderse contra o imposto dende esas estruturas autoritarias que son os parlamentos.

Ante esta farsa sairemos as rúas, pero non para apoiar estas xornadas festivas senón que para transmitir a nosa mensaxe.

A mensaxe de que no sistema educativo estatal, dende que somos cativos, agrúpanos por idades, como se este fora o factor máis importante, e nos meten nas escolas durante todo o día. Nelas o corpo docente ten un prazo de tempo no cal, a súa misión é introducir uns determinados conceptos nas nosas mentes.

Pasado ese tempo elabóranse unhas probas denominadas exames, nas cales mediante un sistema de cualificación estipulan se tes esos coñecementos e en que grao os adquiriches. Se non pasas esas probas mándanche repetir curso para tentar de novo que adquiras esos coñecementos. Polo contrario, se se conseguiu o seu obxectivo mándanche a un novo curso e así sucesivamente. Desta forma vaise outorgando ao alumnado os  coñecementos considerados básicos polo goberno de turno.

Pois ben, dende o CEL opómonos a este modelo educativo e consideramos que a educación ten que ser antidogmática, antiautoritaria, integral e autoxestionada, é dicir, libertaria. Pero para acadar este obxectivo o primeiro paso é oporse ás leis que tentan empeorar a situación actual.

De que forma? Pois mediante asembleas en cada escola, instituto e facultade, de xeito que sexa o estudantado, dende as bases e de forma horizontal o que artelle e dirixa as súas propias reivindicacións.

POR UNHA EDUCACIÓN XESTIONADA POR DOCENTES E ESTUDANTES,
POLA AUTOXESTIÓN!


venres, 17 de outubro de 2014

Acción Directa Contra a Discriminación


Vivimos nun mundo no que temos uns parámetros de “beleza“ e  para ser aceptadas pola sucia sociedade debemos de cumprir determinadas medidas. Temos que deixarno-la vida en estar “guapas” para o resto.

Un dos parámetros é o que nos clasifica en gordas e “de bo tipo”. En pleno S.XXI os canones de beleza son a nosa soga, unha boa arma para o patriarcado coa que somos nos mesmas as que condenamos a vida coa fin de cumprir as esixencias. Inxerimos pílulas, sometémonos a operacións de redución de estómago, deixamos de comer, odiámonos por non ser o suficientemente delgadas...

Esta visión sobre a figura das mulleres, a que di que debemos estar “delgadas”, é impulsada día a día pola publicidade. Publicidade directa ou subliminal que nos vende que a felicidade, o triunfo, a beleza, e o benestar atópanse nas mulleres que entran na roupa dos catálogos e revistas de moda.
Este conxunto de actitudes lévannos a chamada gordofobia, que é unha discriminación estrutural na sociedade que exclúe, ridiculiza e patoloxiza a quen non cumpra o patrón da delgadeza.

Ao non estar dentro do marco establecido, ao non ser “guapas”, temos afrontar día a día unha loita co mundo que nos rodea e con nos mesmas. Aguantar tópicos como o que afirma que as que están gordas é porque non se preocupan pola súa saúde, camiñar entre miradas e máis comentarios, non atopar roupa nas tendas con tanta facilidade, soportar o acoso (cun maior grao entre adolescentes)...

Comprendendo todo o anterior podemos chegar con facilidade a conclusión de que Actex, empresa adicada á formación que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, co caracter da sua publicidade, é cómplice desta discriminación. 

Dado que negámonos a ter unha actitude pasiva ante este tipo de condutas, denunciamos o uso de imaxes que inducen a gordofobia, e esiximos a retirada destas así como unha declaración pública na que se pidan desculpas polo acontecido, reixeiten este tipo de publicidade e aseguren que isto non voltará a acontecer.

Non podemos permitir que continúe a practica da gordofobia, xa que isto nos afasta dun mundo baseado nun trato respectuoso entre os seres vivos. No que non se condicione polo aspecto físico. 


NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!!
BOICOT!!






domingo, 12 de outubro de 2014

12 de Outubro: NADA QUE CONMEMORAR NIN CELEBRAR!

Hoxe o Estado Espanhol celebra a base dos alicerces que o cimentaron, basado na dominación, asasinato, adoutrinamento e exterminio de qualquer brecha de civilizaçoes indígenas e do sometemento cultural do catolicismo da man do autoritarismo; dito somentemento abrengue historicamente, non só a povos, os cales podemos denominar como “foráneos”, senón que basado na experiência podemos alviscar como o Estado Espanhol sempre tenta, e consegue, empregando os medios polos que a súa consideración de Estado lhe concede, botar abaixo calquera tentativa cultural que poida “desestibilizar” ou por en dúbida a potestade de Espanha, o que se ve traducido no sometemento dos diferentes povos que viveren na Península Ibérica. 

Hoje tambén podemos alviscar a particular situaçao que atinxe ao pobo indígena mapuche, aos cales os mass-media, sempre da man do opressor e do capital tenta non amosarnos o que acontece na realidade, dito povo atópase incapaz de desfrutar dunhas terras que por designaçao do Estado Chileno parece compreender que podem ter a natureza e podem tratala de propiedade privada, empregando as desapropriações e  com meios militares tentan eliminar este povo indígena dificultando qualquer tentativa de diálogo e o desfrute do planeta que nom é de nimguem, um genocídio perpetuado no continente americano contra os povos indígenas.

Nosoutras nom consideramos que ditos feitos sejam uma fonte de ser motivo de orgulho e mesmo representar um motivo de comemoração. Mais basándonos nos aspeutos do estudo histórico, podemos assumir que conlevou a  un  troco na historia tanto no aspeuto social (novos alimentos, mistura de culturas...) coma no económico (novas rutas de comercio…) , a descurberta de América foi un acontecemento importante mudando o curso da história do mundo. 

No entorno que abrengue o Estado Espanhol destaca o seu enriquecimento, em detrimento da poboación indígena, característica básica do colonialismo que inda segue presente nos nossos días en oposiçao ao que o capitalismo, da man dos poderes autoritarios, fazen-nos crer; a creación do Estado Espanhol estableceu a forma na que os povos da Península e mailas ilhas, son sometidos a día de hoxe, a um poder centralizador e opressor. 

A pesar diso, non consideramos que seja preciso celebrar o día do Estado Espanhol no aniversario da conquista, colonización dun novo continente; semdo sinónimo de escravizamento, expoliación de recursos e tamén o declive dos povos oríxinarios de América, feitos que a día de hoje seguem sendo unha realidade dos nossos días; povos sometidos polo projeto doutros com base na ideia do mais forte e do sometemento nom só polo assédio do Estado Espanhol, senóm por qualquer tipo de Estado, destaque o que representa qualquer Estado, o cal só é uma forma de sometemento, uns poucos amulan todo o poder, namentres outros vense sometidos aos projetos de poucos e o enriquecimento duma pequena percentagem, a partires do trabalho doutra gran maioría. O sometemento nom só se considera dun grupo como o Estado senon duma pessoa sobre outra, sempre contando co beneplacito do Estado.

Tendo en conta o sistema social-económico actual e a consideraçao de que vivimos num planeta finito e coa imparavel tentativa de crescimento sem limites e en detrimento uns paises doutros, isto leva a umas conseqüências, caracterizadas pola “lei do máis forte”. 

Tamén hai que ter en conta a consideraçao duma sociedade que basándose em princípios non-éticos nin morais, umas “civilizaçóes” som consideradas así mesmas coma superiores a outras e polo tanto elas mesmas considéran que poden exercer o libre albeldrío e polo tanto fazer o que consideren con outras civilizacións denotadas por “atrasadas” ou “inferiores” (exemplo  moi básico discriminación racial). As poucas que conseguerom sobreviver,atópanse asobalhadas pola influencia desta dita civilizaçao “superior”; no entanto das tribus do amazonas, vivem en boa medida sem contato alleo e experimentan como as súas terras disminúen polo avance da nosa civilizaçao (voltamos ao tema do Estado Chileno e mailo povo mapuche, que sofrem discriminaçao racial e nas súas terras operavan empresas madeireiras.

Así pois, non só rexeitamos o simbolismo do día no que se celebra, senón que tamén desprezamos a glorificación de qualquer patria (semdo a patria um elemento abstracto que o único que fai e dividir provocar confrontos, incitar a superioridade duns sobre outros ou ao encasilhamento social). Nós nom temos patria, dado que o respeto e luita pola liberdade non entende de fronteiras nin de mapas políticos, ou como diría Bakunin: “Síntome o patriota de tóda-las patrias oprimidas”.

Nosoutras como colectivo defendemos a autodeterminaçom dos povos e non aprobamos un ato no que se defenden estas injustiças. O futuro desaparecimento destes povos significa uma gran perda cultural e social máis aló do meramente económico que  é de valor incalculabel.

NADA QUE CONMEMORAR NIN CELEBRAR!
MUITO O QUE PENSAR!
NOM AO GENOCÍDIO!


domingo, 5 de outubro de 2014

I Xornadas Galegas da Digna Autonomía

Dende o CEL-Vigo queremos dar eco á celebración das I Xornadas Galegas da Digna Autonomía que se van celebrar este mes de outubro.