sábado, 16 de maio de 2015

Comunicado

Dende o CEL-FEL queremos manifestar o noso descoñecemento das agresións das que se nos acusa no comunicado difundido nesta web:
https://fueramachistasdelmovimientolibertario.wordpress.com/2015/05/11/comunicado-a-raiz-de-las-agresiones-sufridas-por-miembros-de-fel/ , exceptuando a primeira delas ,que xa foi tratada como se amosa no informe adxunto de FEL-ZGZ. Ante a falta de información destes feitos , non puidemos actuar como esta previsto coa expulsión inmediata do agresor e o trato do tema nunha comisión non mixta. Consideramos que o comunidado onde se verten estas acusacións non teñen ningunha intención de protexer as compañeiras ao non nomear ao agresor, impedindo entón que poidamos actuar fronte a isto. Estes feitos tampouco se comunicaron por ningunha canle interna para pór en marcha os mecanismos existentes para resolver iste tema e que as compañeiras da FEL teñamos a oportunidade de protexernos, polo que descoñecemos a intencionalidade da publicación directa do comunicado citado.

Galiza, 13 de maio de 2015.