sábado, 8 de novembro de 2014

Aclaración sobre o contra-manifestación do día 23 de Outubro

Vimos a necesidade de publicar esta entrada polas dúbidas, mentiras e mala información ao respecto da nosa asistencia na contra-manifestación do SE e CCOO. 

Temos a necesidade de aclarar que nos acudimos o día 23 en resposta ao rexeitamento que nos provoca uns colectivos, fillos do Estado, pola súa falta de implicación, unión, respaldo e verdadeiro apoio ao estudantado. 

Algúns medios de información encargáronse de difundir a mensaxe errónea de unión, con respecto aos colectivos citados anteriormente, cando nos nosos cartaces víase claramente o noso rexeitamento cara eles. Tamén  chamábamos ao estudantado a organización, a loita e a creación dunha ensinanza  libre e autoxestionada . 

Despois duns minutos dunha calmada concentración na farola, decidimos acudir a manifestación enfronte do Marco, tamén como estudantado, onde se pedía o indulto dos presos Carlos e Serafín. 

Nos non iamos en apoio ao BNG nese acto, senón como dixen antes, como estudantado. Tamén temos que dicir que como anarquistas obviamente queremos a liberación das persoas presas, non só das independentistas ou políticos, senón de TODXS.