domingo, 28 de xuño de 2015

Palestra e Concentración o 1 de Xullo contra a "LEI MORDAZA"

Dende CEL-FEL Vigo chamamos a participar na concentración e palestra que terán lugar o día 1 de Xullo contra a Lei Mordaza, saíde á rúa e que vexan que non nos amedrentan!

Canto maior sexa a súa represión, maior será a nosa resposta!

Partillamos diferente info referente ao corte de liberdades e sancións que suporá dita Lei:
  1. Resumo Grafico sancións
  2. Guía Protesta
  3. Documentación Lei Mordaza
ORGANÍZATE E LOITA!