Estatutos do CEL

Estatutos do Colectivo Estudantil Libertario

1. Denominación e estructura:

1.1.- O Colectivo Estudantil Libertario (CEL) defínese como unha organización estudantil libertaria e revolucionaria.

2. Ámbito funcional:

2.1.- O ámbito de actuación do CEL é o mundo estudantil.

3. Principios:

-Asemblearismo: método de decisión colectiva onde todas as partes implicadas teñen o mesmo poder de decisión baseado no debate dos puntos para acadar o entendemento. As decisións acadaranse por consenso, e se este non é posible, recurrirase á maioría do 75%.

-Federalismo: sistema no que os organismos federados participan nas decisións común en grao de igualdade, de abaixo a arriba. As decisións tomadas de forma colectiva deben ser respetadas por toda a organización.

-Autoxestión: entendida como método de xestión e financiación por parte dos propios militantes, sen recibir subvencións ou axudas de ningunha clase para así garantir a autonomía do CEL.

-Socialismo: defensa dunha sociedade na que os medios de produción estean en mans dos productores, sen existir clases que os acaparen.

-Internacionalismo: solidariedade entre todos os pobos do mundo para levar adiante a loita pola igualdade e a liberdade, xa que este non é só problema a nivel nacional ou estatal. Respecto e defensa do dereito de autodeterminación e do multiculturalismo.

-Antiautoritarismo: rexeitamento de calquera tipo de autoriade. Deste xeito, oposición ao Estado, capitalismo, patriarcado e a calquera forma de dominación.

-Apoio mutuo: vese como o mellor sistema de desenvolvemento en contraposición á competencia existente no sistema capitalista. O apoio mutuo supón o traballo en común para o beneficio mutuo, sen importar a etnia, o sexo, a cultura ou o idioma.

4. Tácticas e procedementos:

4.1.- Utilización da acción directa como táctica a seguir. Supón acción sen intermediación. Solución directa dos problemas polas partes interesadas. A acción directa rexeita polo tanto a actividade das delegación de alumnos, claustros, etc, nos asuntos do estudantado xa que na práctica toman decisión no nome destos pero non lles consultan directamente.

5.- Finalidades e obxectivos:

5.1.- Consecución da educación libertaria, entendendo que esta nun principio só se pode desenvolver totalmente nunha sociedade antiautoritaria.

5.2.- Construcción do socialismo libertario, entendido como o socialismo que parte das bases organizadas e non dun Estado.

5.3.- Formación política e social da militancia.

6. Formas de organización:

6.1.- Asembleas locais:

6.1.1.- As asembleas locais poden adoptar o nome do CEL engadindo o nome da sua localidade ou ben manter outro nome engadíndolle as siglas –CEL.

6.1.2.- Están constituidas por un mínimo de tres cargos para facilitar a cohesión da federación e o funcionamento das asembleas locais:

-Secretario: Encargaráse de tomar as actas, realizar as funcións de arquivo e da elaboración das órdes do día das asembleas.

-Tesoureiro: Encargáse de levar as contas, realizar a recaudación e gardar a financiación. Expón a situación das contas en cada asemblea.

-Administador informático: Encárgase de levar as redes sociais, a páxina web, administrar o correo e outras tarefas relacionadas co eido da informática.

6.1.3.- As asembleas locais elixirán voceiros temporais cando o precisen para a lectura de manifestos ou a participación en Congresos. Obedecerán en todo momento ás asembleas ás que estean suxeitos, expondo só o que previamente se acordou nestas.

6.1.4.- Os cargos non son autónomos, actuando directamente baixo os requerimentos da asemblea, son revocables en cualquiera momento pola asemblea e son rotatorios.

6.1.5.- Pódense crear comisións temporais para a realización de tarefas acordadas pola asemblea. Son autónomas á hora de actuar, pero están suxeitas á decisión e ratificación da asemblea.

6.1.6.- As asembleas locais son libres de determinar a súa forma de financiación e administración desta, mentres sexan coherentes cos principios que o CEL defende.

6.2.-  Federación:

6.2.1.- As asembleas locais deberán reportar ao resto da federación a súa situación, actividade e número de membros se así o solicita algunha outras asembleas.

7. Ingreso no CEL:

7.1.- Poden ingresar nela estudantes de ensinanza media, superior ou formación profesional que non pertenzan a partidos políticos ou mocidades destes. Enténdese por partido toda organización verticalista que teña como obxectivo a toma do poder ou que se presenta ás eleccións para ter presenza parlamentaria. Non está permitida a dobre militancia noutras organizacións estudantís.

7.2- Para adherirse ao CEL será necesario ratificar estos acordos federais.

7.3- Serán necesarios un mínimo de tres membros para que una asemblea poida federarse.

7.4.- Os grupos pasarán por dous meses de proba no cal reportaran a súa actividade cada dúas semanas ao resto da federación. Cumprido este período, e se a federación o estipula, pasarán a ser asembleas locais de pleno dereito.

8. Congresos:

8.1.- O congreso é o máximo órgano de decisión da federación, no cal cada asemblea local federada ten o mesmo poder de decisión.

8.2- Os congresos realizaranse cada ano e estarán presentes todo os militantes ou no seu defecto unha representación das asembleas locais. Neles, marcarase a liña de actuación e se poderán modificar os estatutos.

8.3.- Buscarase o consenso para a toma de decisións. No caso de ter que votar alguna cuestión será necesario o 75% de los votos para aprobar tal asunto, tendo en conta que a cada asemblea local lle corresponderá un voto.

8.4.- Poderanse realizar congresos extraordinarios se unha asemblea local o reclama e un 75% da federación o ratifica.

9. Expulsións:

9.1- Será motivo de expulsión a falta de cumplimento de calquera dos principios e obxetivos federativos, así como da liña xeral de actuación marcada polos congresos. Unha asemblea local poderá ser expulsada se otra asemblea local á somete a moción de censura, sempre que como mínimo outra asemblea local secunde a moción, que se someterá a congreso e polo tanto á decisión da federación.

10. Situacións extraordinarias:

10.1.- Se unha asemblea local perdera os requisitos mínimos necesarios se lle retiraría provisionalmente o dereito a voto nos congresos.



Para modificar os presentes estatutos, tratarase de buscar o consenso entre todas as asembleas. Se non é posible, debe contarse polo menos co apoio do  75 % das asembleas locais.