venres, 17 de outubro de 2014

Acción Directa Contra a Discriminación


Vivimos nun mundo no que temos uns parámetros de “beleza“ e  para ser aceptadas pola sucia sociedade debemos de cumprir determinadas medidas. Temos que deixarno-la vida en estar “guapas” para o resto.

Un dos parámetros é o que nos clasifica en gordas e “de bo tipo”. En pleno S.XXI os canones de beleza son a nosa soga, unha boa arma para o patriarcado coa que somos nos mesmas as que condenamos a vida coa fin de cumprir as esixencias. Inxerimos pílulas, sometémonos a operacións de redución de estómago, deixamos de comer, odiámonos por non ser o suficientemente delgadas...

Esta visión sobre a figura das mulleres, a que di que debemos estar “delgadas”, é impulsada día a día pola publicidade. Publicidade directa ou subliminal que nos vende que a felicidade, o triunfo, a beleza, e o benestar atópanse nas mulleres que entran na roupa dos catálogos e revistas de moda.
Este conxunto de actitudes lévannos a chamada gordofobia, que é unha discriminación estrutural na sociedade que exclúe, ridiculiza e patoloxiza a quen non cumpra o patrón da delgadeza.

Ao non estar dentro do marco establecido, ao non ser “guapas”, temos afrontar día a día unha loita co mundo que nos rodea e con nos mesmas. Aguantar tópicos como o que afirma que as que están gordas é porque non se preocupan pola súa saúde, camiñar entre miradas e máis comentarios, non atopar roupa nas tendas con tanta facilidade, soportar o acoso (cun maior grao entre adolescentes)...

Comprendendo todo o anterior podemos chegar con facilidade a conclusión de que Actex, empresa adicada á formación que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, co caracter da sua publicidade, é cómplice desta discriminación. 

Dado que negámonos a ter unha actitude pasiva ante este tipo de condutas, denunciamos o uso de imaxes que inducen a gordofobia, e esiximos a retirada destas así como unha declaración pública na que se pidan desculpas polo acontecido, reixeiten este tipo de publicidade e aseguren que isto non voltará a acontecer.

Non podemos permitir que continúe a practica da gordofobia, xa que isto nos afasta dun mundo baseado nun trato respectuoso entre os seres vivos. No que non se condicione polo aspecto físico. 


NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!!
BOICOT!!