luns, 20 de outubro de 2014

Valoración da Charla no I.E.S. Politécnico de Vigo

No día de hoxe tivemos a oportunidade de dar unha charla de cara a folga (dos días 21, 22 e 23) no IES Politécnico. Nesta charla comentamos os puntos máis destacables da LOMCE e explicamos a nosa postura ante o actual panorama do estudantado.

Queremos agradecer a asistencia a esta a nosa primeira charla, e convidar a todas as persoas a participar connosco na loita.

Texto da charla:

Boas tardes, Saúde.

O sector educativo está a sufrir os efectos das políticas neoliberais, as cales pretenden privatizar e mercantilizar a educación. Isto débese á vontade das clases privilexiadas de obter máis beneficios así como de perfeccionar a labor de adoutrinamento ideolóxico para manter a súa orde social.

A LOMCE é un claro exemplo destas prácticas, xa que, entre outras medidas, pretende:

• Privatizar: ao permitir que a educación privada e concertada pasen e poder a atender a demanda social.
• Dogmatizar: xa que beneficia ás persoas propietarias dos centros educativos privados, a maioría deles en mans da Igrexa.
• Centralizar: ao aumentar a porcentaxe dos contidos comúns que deben impartirse en todo o Estado así como ao relegar ao galego a un segundo plano e financiar a centros privados que promovan a ensinanza en castelán.
• Verticalizar: ao aumentar a autoridade da figura do director a vez que este pasa a ser elixido pola administración.
• Mercantilizar: ao introducir coma obxectivos da educación o “desenvolvemento do espírito emprendedor” poñendo ao empresariado e ao capital como modelo e obxectivo a seguir.
• Segregar por sexos: ao permitir que os centros nos que se divide ao alumnado por sexos poidan ser concertados.

Non é que ata o de agora o sistema educativo que tiveramos fóra perfecto ni moito menos. Este, dende que somos cativos, agrúpanos por idades, como se este fora o factor máis importante, e nos meten nas escolas durante todo o día. Nelas o corpo docente ten un prazo de tempo no cal, a súa misión é introducir uns determinados conceptos nas nosas mentes.

Pasado ese tempo elabóranse unhas probas denominadas exames, nas cales mediante un sistema de calificación estipulan se tes esos coñecementos e en que grao os adquiriches. Se non pasas esas probas mándanche repetir curso para tentar de novo que adquiras esos coñecementos. Polo contrario, se se conseguiu o seu obxetivo mándanche a un novo curso e así sucesivamente. Desta forma vaise otorgando ao alumnado os  coñecementos considerados básicos polo goberno de turno.

Dende o CEL opómonos a este modelo educativo e consideramos que a educación ten que ser antidogmática, antiautoritaria, integral e autoxestionada, é dicir, libertaria. Pero para acadar este obxetivo o primeiro paso é oporse ás leis que tentan empeorar a situación actual.
Para este martes, mércores e xoves hai convocados 3 días de folga para o estudantado en todo o estado español por parte do SdE. Pois ben, aquel que pensé que a base de folgas estudantis de 3 días, convocadas dende Madrid cando a unhas determinadas persoas lles apetece, imos conseguir algo, esta moi alonxado da realidade.

Unha folga non é un acontecemento festivo, é unha resposta á unha agresión. Faltar a clase é unha forma de defenderse contra os ataques do Estado ao (descredictar; non sei se esta é a verba axeitada) a súa autoridade. Pero dado que o Estado e o Capital precínsanse mutuamente para manter a súas existencias, só atacar a un deles condenaría a nosa loita ao fracaso.

Se queremos ter éxito e facer de verdade unha folga non se pode sair a dar un paseo un día, ou varios, pola rúa e despois pasar o resto deses días xogando a consola ou calquera outra carallada. Hai que interferir na actividade productiva, hai que estar na rúa demostrando que para nós isto non é un xogo.

Entendida a folga deste xeito, esta non se pode impor, nin dende Madrid, nin dende Compostela, nin calquera outro sitio. Está precisa nacer dos centros de ensino, das asembleas de cada escola, instituto e facultade. Ten que ser o propio estudantado, dende as bases, o que chame á folga. Entón, esta, non será dun día ou 2 ou 3, senón que será indefinida e polo tanto, útil.

Así pois, animamos a todo o estudantado a sair á rúa esta semana non para apoiar a convocatoria do SdE, senón para demostrar que a partir de agora seremos nós, o estudantado, o que se vai a autorganizar e tomar ás rúas contra o que nos impoñen dende esas institucións autoritarias chamadas parlamentos.

Por unha educación xestionada por docentes e estudantes,
Pola autoxestión!